05/03/2010
O Número Áureo
O número áureo (coñecido tamén como número de ouro ou número divino) represéntase coa letra grega Φ (Phi) que é ademáis a inicial de Phidias, un pintor, escultor e arquitecto grego que traballou moito con este número. Encarna a perfección e a armonía, e atópase numerosas veces na natureza e na arte. É un número irracional que se pode obter coa solución positiva da ecuación de segundo grao x2– x – 1 = 0 .
Os segmentos áureos son aqueles que, ao dividilos en dúas partes (unha máis grande ca outra) hai a mesma relación entre o segmento enteiro e a parte maior, e a parte maior e a parte menor.
Tamén están os rectángulos áureos, nos que a división entre a súa base e a súa altura é igual a Phi.
O famoso partenón grego, a Gioconda de da Vinci, as Meninas de Velázquez… son algúns exemplos de obras de arte ou arquitectónicas nas que podemos encontrar o número de ouro. Sucesións como a de Fibonacci ou a estrela pentagonal de Pitágoras gardan igualmente unha certa relación con este número perfecto.