05/03/2010
Matemáticas nos Simpsons e Futurama
Un dos guionistas dos Simpsons e Futurama, Ken Keeler, doutorado en Matemáticas aplicadas, foi productor e co-productor e escribiu numerosos capítulos de Futurama e frases dos Simpsons.
As frases como “Multiplícate por cero” ou “Hay tres tipos de personas: las que saben contar y las que no”.
Aparte de Ken Keeler moitos máis guionistas están doutorados en matemáticas e física.
(Os vídeos non están enlazados polo seu excesivo peso, pregunten ao autor, seguro que ten copia).
Mosaicos
O meu traballo está dividido en seis puntos:
-No primeiro explico o que son os mosaicos e os tres tipos de mosaicos máis sinxelos.
-No segundo falo dos mosaicos regulares, dos semirregulares, dos uniformes e dos non uniformes.
-No terceiro conto o que son as isometrías e os tres tipos existentes (traslación, rotación e reflexión).
-No cuarto explico brevemente a orixe dos mosaicos nazaríes e falo un pouco dos mosaicos da Alhambra.
-No quinto explico como poderiamos debuxar dous mosaicos árabes a partir de figuras xeométricas.
-No sexto, e último, nomeo a Escher e a diferenza que hai entre os seus mosaicos e os nazaríes.