05/03/2010

Os paradoxos

Posted in 3º ESO, Uncategorized tagged , ás 08:41 por eviiiita

O termo paradoxo vén do grego  para (máis aló de) e doxa (crible). Aínda que esta idea pode ter moitos significados, o común a todos os paradoxos é que son argumentos que parecen lóxicos, pero cuxa conclusión vai en contra do sentido común.
Nun sentido amplo, como o que empregamos na linguaxe cotiá, chamamos paradoxos a afirmacións que parecen non ter sentido. Por exemplo: cando descanso cánsome máis. Tamén adoitamos chamar paradoxos a razoamentos que conclúen algo absurdo: un xeado de chocolate é mellor que todo o diñeiro do mundo porque nada é mellor que todo o diñeiro do mundo e un xeado de chocolate é mellor que nada .
Pero non son paradoxos no sentido matemático rigoroso da lóxica. A primeira afirmación pode considerarse unha inconsistencia porque cando un descansa non ten por que cansarse máis.
O segundo exemplo é un tipo de argumento ao que os matemáticos chaman falacia: non é verdade que nada sexa mellor que todo o diñeiro do mundo, como tampouco é verdade que un xeado de chocolate sexa mellor que nada. O argumento é un paradoxo porque non hai nada de verdade no que estes anunciados afirman.
As afirmacións ás que chamamos paradoxos en linguaxe cotiá polo xeral pódense desenmarañar, podemos atopar unha explicación que lles dea sentido. Para os matemáticos, en cambio, as únicas afirmacións que se consideran paradoxos son as que non podemos explicar sen chegar a unha contradición.
Oracións como: este enunciado é falso, son as que verdadeiramente causaron revoltas.

Eva – Paradoxos

Páxina anterior